Casardeita, Ramirás

From Wikipedia
Casardeita
Vista de Casardeita.
ConcelloRamirás[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°10′49″N 7°59′03″O / 42.1802153, -7.98412488Coordenadas: 42°10′49″N 7°59′03″O / 42.1802153, -7.98412488
Poboación102 hab. (2017)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Casardeita é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 134 habitantes, deles 60 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Esta peculiar parroquia conta cunha igrexa caracterizada pola figura do patrón desta, o Apóstolo Santiago, na súa fachada ademais da capela de Santa Águeda (no Pambre) e a capela da Virxe de Guadalupe (en Ver). Ao carón da capela do Pambre encóntrase un magnífico exemplar de carballo digno de admiración e contemplación.

Ademais do anterior nos seus arredores localízase a antiga escola cuxa primeira planta é utilizada polos veciños como lugar de reunión social e a segunda está a disposición dunha biblioteca chamada «Biblioteca Lois Antón de Casardeita».

Lugares e parroquias[edit | edit source]

Escultura do Apóstolo Santiago (patrón desta parroquia) na fachada da igrexa parroquial.

Lugares de Casardeita[edit | edit source]

Lugares da parroquia de Casardeita no concello de Ramirás (Ourense)

Casardeita | Coveliñas | Ludeiros | Pambre | O Pazo | O Rial | Ver

Parroquias de Ramirás[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ramirás

Casardeita (Santiago) | Escudeiros (San Xoán) | Freás de Eiras (Santa María) | Grixó (Santa Isabel) | Mosteiro (San Pedro) | Paizás (San Salvador) | Penosiños (San Salvador) | Rubiás (Santiago) | Santo André de Penosiños (Santo André) | Vilameá de Ramirás (Santa María)

Notas[edit | edit source]

Véxase tamén[edit | edit source]

Outros artigos[edit | edit source]